O pecarí de barba branca (Tayassu pecari) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Tayassuidae.
Caracterízase por ter unha mancha esbrancuxada, a xeito de barba, na base da boca ou arredor dos beizos.[2] Ten unha altura media, na cernella, de 55 cm, e unha lonxitude de 90 a 139 cm. O adulto rolda entre 25 e 40 kg.
É un animal diúrno e vive en inmensas mandas, de 50 a 300 individuos. En certas épocas do ano, nalgunhas zonas, as mandas grandes divídense en grupos máis cativos de acordo coa distribución e abundancia dos alimentos ou a presenza de depredadores.[1][3]
Hai probas de intercambios de individuos entre mandas veciñas e de apareamentos entre macho e femia de diferente manda.[1] A xestación dura arredor de 250 días, despois dos cales nacen unha ou dúas crías.[3]
É omnívoro e, aínda que prefire consumir froitas,[1] tamén se alimenta de raíces, tubérculos, noces, herba e invertebrados.
O pecarí de barba branca (Tayassu pecari) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Tayassuidae.