As epsilonproteobacterias ou Epsilonproteobacteria (tamén escrito epsilon-proteobacterias ou proteobacterias epsilon) é un grupo de bacterias gramnegativas que se consideran unha clase dentro do filo das Proteobacteria.[1]
As Epsilonproteobacteria comprenden poucos xéneros, principalmente os xéneros curvos ou espiriloides Wolinella spp., Helicobacter spp., e Campylobacter spp. A maioría das especies coñecidas habitan no tracto dixestivo de animais e son simbiontes (Wolinella spp. na vaca) ou patóxenos (Helicobacter spp. no estómago, Campylobacter spp. no duodeno).
Ademais foron recollidas numerosas secuencias de Epsilonproteobacteria en mostras procedentes de hábitats de chemineas hidrotermais e de fontes de emanacións frías gasosas. Un membro da clase é un endosimbionte das grandes branquias do caracol mariño Alviniconcha hessleri.[2]
Con frecuencia as epsilonproteobacterias que viven en chemineas hidrotermais abisais mostran características metabólicas quimiolitótrofas, e poden satisfacer as súas necesidades enerxéticas reducindo ou oxidando compostos químicos.[3]
No cladograma móstrase a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e na base de datos taxonómicos do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia baseada nos datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.[6]
NautiliaceaeThioreductor micantisoli Nakagawa et al. 2005
Caminibacter Alain et al. 2002
Lebetimonas acidiphila Takai et al. 2005
Nautilia Miroshnichenko et al. 2002
Nitratiruptor tergarcus Nakagawa et al. 2
CampylobacteralesHydrogenimonas thermophila Takai et al. 2004
?Sulfuricurvum kujiense Kodama and Watanabe 2004
?Thiovulum majus ♪ Hinze 1913
Nitratifractor salsuginis Nakagawa et al. 2005
Sulfurovum lithotrophicum Inagaki et al. 2004
Sulfurimonas Inagaki et al. 2003 emend. Takai et al. 2006
HelicobacteraceaeWolinella Tanner et al. 1981
Helicobacter Goodwin et al. 1989 emend. Vandamme et al. 1991
Campylobacteraceae?'Candidatus Thioturbo danicus' Muyzer et al. 2005
Arcobacter Vandamme et al. 1991 emend. Vandamme et al. 1992
Sulfurospirillum Schumacher et al. 1993 emend. Luijten et al. 2003
Campylobacter Sebald and Véron 1963 emend. Vandamme et al. 2010
Notas:
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, non se poden cultivar ou só se manteñen os cultivos por pouco tempo.
As epsilonproteobacterias ou Epsilonproteobacteria (tamén escrito epsilon-proteobacterias ou proteobacterias epsilon) é un grupo de bacterias gramnegativas que se consideran unha clase dentro do filo das Proteobacteria.
As Epsilonproteobacteria comprenden poucos xéneros, principalmente os xéneros curvos ou espiriloides Wolinella spp., Helicobacter spp., e Campylobacter spp. A maioría das especies coñecidas habitan no tracto dixestivo de animais e son simbiontes (Wolinella spp. na vaca) ou patóxenos (Helicobacter spp. no estómago, Campylobacter spp. no duodeno).
Ademais foron recollidas numerosas secuencias de Epsilonproteobacteria en mostras procedentes de hábitats de chemineas hidrotermais e de fontes de emanacións frías gasosas. Un membro da clase é un endosimbionte das grandes branquias do caracol mariño Alviniconcha hessleri.
Con frecuencia as epsilonproteobacterias que viven en chemineas hidrotermais abisais mostran características metabólicas quimiolitótrofas, e poden satisfacer as súas necesidades enerxéticas reducindo ou oxidando compostos químicos.