Os elefántidos (Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentarios da orde Proboscidea. Antigamente clasificábanse, xunto con outros mamíferos de pel grosa, na orde agora inválida dos paquidermos (Pachydermata). Existen hoxe en día tres especies e diversas subespecies. Entre os xéneros extintos desta familia salientan os mamuts.
Os elefantes son os animais terrestres máis grandes que existen no presente.[1] O período de xestación é de 22 meses, o máis longo en calquera animal terrestre. O peso ó nacer usualmente é de 120 kg. Normalmente viven de 50 a 70 anos, pero rexistros antigos documentan idades máximas de 82 anos.[2] O meirande elefante do que se ten rexistro pesou arredor de 11 000 kg (Angola, 1956),[3] chegando a unha altura na cernella de 3,96 m, un metro máis alto que o elefante africano medio.[4] O elefante máis pequeno, de arredor do tamaño dunha cría ou un porco grande, é unha especie prehistórica que existiu na illa de Creta, Mammuthus creticus, durante o Plistoceno.[5]
Os elefantes actuais clasifícanse en dous xéneros distintos, Loxodonta (elefantes africanos) e Elephas (elefantes asiáticos), pertencentes a dúas tribos distintas. Clasicamente recoñecíanse dúas especies, unha en cada xénero, mais hai un debate entre os científicos sobre se as dúas subespecies africanas son en realidade dúas especies distintas, en cuxo caso estariamos a falar en total de tres especies de elefantes. Recoñécense as seguintes especies e subespecies:[6]
O elefante de Borneo (Elephas maximus borneensis) e o elefante de Malasia (Elephas maximus hirsutus) son clasificados actualmente como Elephas maximus indicus.[6]
Os elefántidos (Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentarios da orde Proboscidea. Antigamente clasificábanse, xunto con outros mamíferos de pel grosa, na orde agora inválida dos paquidermos (Pachydermata). Existen hoxe en día tres especies e diversas subespecies. Entre os xéneros extintos desta familia salientan os mamuts.
Elefante salvaxe indio do bosque de Marayoor, Munnar, Kerala.Os elefantes son os animais terrestres máis grandes que existen no presente. O período de xestación é de 22 meses, o máis longo en calquera animal terrestre. O peso ó nacer usualmente é de 120 kg. Normalmente viven de 50 a 70 anos, pero rexistros antigos documentan idades máximas de 82 anos. O meirande elefante do que se ten rexistro pesou arredor de 11 000 kg (Angola, 1956), chegando a unha altura na cernella de 3,96 m, un metro máis alto que o elefante africano medio. O elefante máis pequeno, de arredor do tamaño dunha cría ou un porco grande, é unha especie prehistórica que existiu na illa de Creta, Mammuthus creticus, durante o Plistoceno.